A Generalitat achou un "mecanismo legal" que permitirá xa este ano que os funcionarios da Generalitat que o desexen poidan traballar dous festivos estatais: o 6 de decembro, Día da Constitución, e o 12 de outubro, a Festa Nacional de España.
Nunha entrevista concedida a Efe, o conseller de Políticas Dixitais e Administración Pública, Jordi Puigneró, anunciou que o Govern aprobará un acordo de goberno en setembro que habilitará a fórmula legal para que o persoal da Generalitat poida traballar eses dous días.
O conseller quixo deixar claro que a opción de traballar nesas dúas festividades será completamente "voluntaria".
"Non obrigaremos a ninguén a facer festa estes dous días, pero si que habilitaremos a posibilidade de que aquelas persoas que queiran traballar estes dous días poidan facelo", concluíu.
Preguntado por se teme impugnacións por parte do Estado, o conseller asegurou: "Quixémolo facer de acordo coa lexislación e buscamos o mecanismo que permitirá facelo posible".
Con todo, Puigneró explicou que ata setembro non se darán a coñecer os detalles a fórmula que se buscou.