O prior do Val dos Caídos, Santiago Cantera, sinalou sobre a exhumación de Francisco Franco que non se pode tocar o corpo dun defunto que se atopa nun templo custodiado por unha orde relixiosa no seu espazo "que é inviolable".
Nunha entrevista que este domingo publica o diario La Razón, Cantera manifestou que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, "fracasou con Franco".
"Penso que o Supremo, atendendo a razóns xurídicas, vaise opor á exhumación", declarou o prior, que engadiu que se moveron (o Goberno) desde o descoñecemento, desde a ignorancia con prepotencia e odio".
Cantera sinalou que "a vicepresidenta foi visitar ao cardeal (secretario de Estado Pietro Parolin) e veu facendo unhas declaracións moi triunfantes que a Santa Sé a continuación desmentiu. Algo histórico, porque a Santa Sé non adoita facer declaracións dese tipo".