Timothy McKeague, actual parella de Carmen Martínez Bordiú, foi detido pola Policía Nacional tras protagonizar un altercado no aeroporto de Barajas.
Segundo informou o programa Sálvame, McKeague iba coller un voo a Holanda, pero chegou á porta de embarque cando xa estaba pechada. Ao non deixarlle pasar, o mozo de Martínez Bordiú increpou aos traballadores da aeroliña, que decidiron chamar á Policía ante a súa actitude.
Á espera do xuízo, McKeague atópase en liberdade con cargos por "un delito de atentado á seguridade do Estado".