O Deportivo superou o test deste sábado ante o UP Langreo (0-3) na localidade lucense de Viveiro, onde o portugués Domingos Duarte e Gerard Valentín se estrearon en pretemporada e Borja Valle e o arxentino Fede Cartabia despexaron o camiño cara ao triunfo branquiazul.
Duarte, incorporado este venres, debutou coa camiseta do Deportivo no segundo período do choque, no que tamén apareceu por primeira vez este verán o lateral Gerard Valentín, que se recuperou dunha lesión muscular.
A dous minutos para o descanso, Borja Valle abriu o marcador ao rematar sobre a liña un centro de Michael Krohn-Dehli. Na segunda metade, despois de que Natxo González refrescase ao equipo, Fede Cartabia moveuse con habilidade na área e serviulle en bandexa o segundo tanto ao xogador da filial Diego Cabañlo.
Outro xogador do segundo equipo branquiazul, o lucense Uxío Dapena, pechou a conta a falta dun cuarto de hora logo de recibir un pase de Pedro Sánchez ao espazo e conectar un disparo que se lle coou ao porteiro do Langreo por baixo do corpo.
3 - RC Deportivo: Ortolá; David Simón (Gerard Valentín, min.63), Mujaid (Bóveda, min.63), Albentosa (Duarte, min.63), Dubarbier (Saúl, min.73); Mosquera (Álex Bergantiños, min.46), Borges (Caballo, min.63), Krohn-Dehli (Edu Expósito, min.63), Carles Gil (Pedro Sánchez, min.71); Borja Valle (Quique González, min.46) e Cartabia (Uxío, min.71).
Goles: 0-1, min.43: Borja Vale. 0-2, min.71: Diego Cabalo. 0-3, min.75: Uxío.
Árbitro: Fernández Rodríguez, do Comité Galego.
Incidencias: Amigable disputado no campo de Cantarrana, na localidade lucense de Viveiro.