Pep Guardiola volveu a saltar a un campo de fútbol inglés co lazo amarelo que lle custou a sanción de 22.500 euros imposta pola FA.
O adestrador do Manchester City dirixiu o partido contra o Stoke City —que terminou con vitoria do conxunto manconiano grazas a dous goles de Silva— atabiado co lazo en apoio aos chamados "presos políticos" do procés, aínda que esta vez levábao parcialmente oculto baixo unha bufanda.
No entanto, o técnico quixo provocar con esta aparición, dado que nas solapas do seu abrigo portaba unha flor, tamén amarela, e a silueta dun home, unha nova alusión aos políticos encarcerados pola proclamación da república catalá do pasado mes de outubro.
Descoñécense se a FA volverá sancionar a Guardiola ou se este insistirá nas súas reivindicacións. O que é seguro, é que seguirá portando o lazo amarelo nas súas próximas citas europeas na liga de Campións, competición na que non existen restricións que prohiban este tipo de símbolos.
¡Que inicio! ¡Que xogada! ¡Que gol! O sorriso de Pep non é casualidade. ð???#scfcvcity < href="https://t.co/9w7DD1ZI17">pic.twitter.com/9w7DD1ZI17<> — Manchester City (\
ManCityES) 12 marzo 2018<>