Fernando Vázquez é o novo adestrador do Deportivo da Coruña. Era un segredo a voces que agora é oficial.
O Dépor anunciouno mediante un vídeo en Twitter, no que informan de que esta etapa durará, polo menos sobre o papel, ata 2022.
📱 (+34) 2019 2022 pic.twitter.com/WOOp6tNmOo
— RC Deportivo (@RCDeportivo) December 29, 2019
O preparador de Castrofeito volve dirixir ao conxunto coruñés, tras o seu último período no 2013 cando conseguiu o ascenso.
Fernando Vázquez toma as rendas do equipo este luns para porse á fronte do primeiro adestramento tras a pausa de Nadal.