@PCDubra colaborou con @HelicoSantiago nunha RCP no campo de fútbol da Tilleira en Bembibre. Requeridos polo @112Galicia
— AVPC Val do Dubra (@PCDubra) November 16, 2019
Un xogador de fútbol sufriu unha indisposición no concello coruñés de Val do Dubra e foi evacuado a bordo da aeronave medicalizada ata o centro hospitalario de referencia. Sucedeu ás 17:15 horas cando un particular chamou ao 112 Galicia para solicitar asistencia médica para un home que sufriu un desmaio no campo de fútbol de Arcai, na parroquia de Bembibre.
De inmediato, desde o 112 requiriuse a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizaron o helicóptero con base en Santiago para trasladar o ferido.
Para prestar apoio aos efectivos médicos, os xestores do 112 Galicia pasaron aviso á Garda Civil e aos membros de Protección Civil da localidade.