A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, denunciou que está a recibir "descualificacións e ameazas" nas redes sociais tras "fixar" a súa postura "contra a trata" e a prostitución.
A socialista pregúntase se se trata dun "intento de amedrentar". Silva escribiu esta mensaxe en Twitter tras un acto coa alcaldesa de Meis, Marta Giráldez, da que destacou a súa oposición á celebración da unha polémica churrascada con camareiras en topless un club de alterne o municipio. O evento foi finalmente cancelado.
Parece un thriller pero fue fijar mi posición pública en contra de la trata y la prostitución y empezar a recibir descalificaciones y amenazas en redes y por otras vías más subliminales. Intento de amedrentar?
— Carmela Silva (@carmelasilva) August 7, 2019