Feijóo reclama a xestión do ingreso mínimo vital para Galicia

O presidente da Xunta tamén insistiu na pedir a mobilidade interprovincial e entre eurocidades galegas e portuguesas
El presidente de la Xunta. PEPE FERRÍN
photo_camera O presidente da Xunta. PEPE FERRÍN

Os presidentes de Andalucía e Galicia reclamaron este domingo ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, poder xestionar o Ingreso Mínimo Vital (IMV) despois de que o Goberno pactase co PNV o traspaso deste ao País Vasco e Navarra. 

Durante este encontro e segundo fontes autonómicas, o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo recordou a Pedro Sánchez que Galicia conta desde hai case 30 anos coa renda de inclusión social (Risga), polo que insistiu en que sexan as autonomías as que xestionen o recentemente aprobado Ingreso Mínimo Vital. 

Feijóo tamén trasladou a Sánchez a súa "preocupación" polo recente anuncio de Alcoa sobre o despedimento de 534 traballadores da planta de aluminio de San Cibrao.

Ademais, o mandatario galego fixo referencia ás industrias que se verán "afectadas os cambios da Lei de Costas que prevé a Lei de Cambio Climático e Transición Enerxética –recentemente remitida ás Cortes xerais–. En concreto, Feijóo advertiu a Sánchez "da necesidade de actuar para evitar" peches e perdas de emprego. 

Así o manifestou o titular da Xunta, segundo informan fontes da Administración galega, durante a duodécima videoconferencia que manteñen os líderes autonómicos co presidente do Goberno desde o inicio da pandemia da COVID-19. 

Neste contexto, Feijóo solicitou que se defina un plan de rebrote a nivel estatal, con parámetros e criterios "homoxéneos" que permitan unha resposta "coordinada, rápida e eficaz". Así mesmo, reclamou "permeabilidade" na mobilidade entre as eurociudades que comparten Galicia e o Norte de Portugal. 

Feijóo tamén reiterou "a necesidade de coñecer canto antes" os criterios de repartición do fondo de 16.000 millóns de euros non reemborsable e de que se establezan protocolos e criterios para a volta ás aulas. 

Comentarios