Juan Carlos Quer recolle 3,2 millóns de apoios á prisión permanente

Anuncia que entregará mañá xoves ás 11 horas no Congreso dos Deputados as firmas recollidas que, segundo comenta, "son fiel reflexo desta abafadora demanda social

Juan Carlos Quer en Chester.CUATRO
photo_camera Juan Carlos Quer en Chester.CUATRO

Juan Carlos Quer, pai de Diana Quer, a moza asasinada cuxo cadáver foi atopado o 1 de xaneiro de 2018 nun pozo de Rianxo (A Coruña) tras máis dun ano desaparecida, presentará mañá no Congreso 3.200.000 firmas contra a derrogación da prisión permanente revisable. 

Nun comunicado Juan Carlos Quer informa de que tras a aparición do corpo sen vida da súa filla iniciou unha campaña de recollida de firmas para evitar a derrogación da pena de prisión permanente revisable vixente desde 2015 no Código Penal español, unha iniciativa que foi apoiada por un grupo de pais cuxos fillos foron tamén asasinados en España.

Engade que baixo o lema "A túa protección é a nosa loita" en pouco máis dun ano recibiron a través da campaña de recollida manual de firmas e da plataforma "online" Change.org máis de 3.200.000 apoios cidadáns.

Juan Carlos Quer anuncia que entregará mañá xoves ás 11 horas no Congreso dos Deputados as firmas recollidas que, segundo comenta, "son fiel reflexo desta abafadora demanda social, que crece cada día e que se ve referendada polas enquisas máis recentes".

Comentarios