Que os galegos coñezan os recunchos máis fermosos da súa terra mentres tiran do sector turístico nos meses nos que fraquea a demanda exterior. Con ese leitmotiv botou a andar este luns —un mes antes do previsto— o programa Elixe Galicia, mediante o que a Xunta correrá, durante este ano e o seguinte, co 40% dos gastos de 12.800 estancias hostaleiras de menores de 30 anos, familias con nenos e maiores de 55 sempre que non salgan das fronteiras da comunidade.
"É a primeira vez que se impulsa en Galicia un proxecto orientado a fomentar o turismo interno e que ten como gran obxectivo desestacionalizar a oferta turística e dinamizar o sector", declarou luns o titular de Turismo, Román Rodríguez, na presentación da iniciativa coincidindo coa publicación da convocatoria da mesma no Diario Oficial de Galicia (DOG).
O conselleiro calcula que estes programas inxectará ao redor de 3,4 millóns ao sector turístico galego, dos que 1,4 son financiados pola Xunta, e avanzou que a día de hoxe "hai entre 70 e 90 empresas implicadas" nas que Elixe Galicia contribuirá a crear "emprego e calidade".
Os interesados xa poden inscribirse no programa, cun prazo que permanecerá aberto ata o próximo 3 de marzo, dentro dun mes, e é posible inscribirse tanto de forma telemática como a través de calquera axencia de viaxes da comunidade.
Para a elección dos destinos, a Consellería de Turismo puxo en valor elementos como "a enogastronomía, a paisaxe, o termalismo, ou o patrimonio cultural"
Para iso terán que elixir data —ofértase practicamente todo o ano fóra de Semana Santa e verán— e destino, para o que poden decantarse por unha das catro modalidades que contempla o programa: turismo costeiro —con 6.700 prazas dispoñibles—, histórico e cultural —2.500—, termal —1.100— ou visitas a parques naturais e zonas de montaña con rutas de sendeirismo —2.500—.
A asignación das prazas realizarase por sorteo atendendo aos distintos colectivos, modalidades e tempadas, estando un porcentaxe reservada a familias numerosas, persoas con discapacidade ou con baixos ingresos.
DE CERVO A Cospeito. Ao fío do anterior, a directora xeral de Turismo, Nava
Sobre as persoas que non resulten agraciadas no sorteo, Román Rodríguez avanzou que pasarán a formar parte dunha lista de espera coa posibilidade de optar a prazas que finalmente queden vacantes por circunstancias como a incompatibilidade nas datas dos beneficiarios ou a ausencia de pago inicial.
Entrada do 20%
Neste sentido, o conselleiro explicou que os elixidos no sorteo deberán abonar o 20% do total da estancia nos tres días posteriores á resolución da convocatoria, en sinal de que seguen interesados. Posteriormente pagarán o 40% restante.