Alberto Cortez en Lugo

Auditorio Gustavo Freire

O cantante hispanoargentino Alberto Cortez recalará en Lugo coa súa xira El regreso. A cita será o venres 19 de maio, ás 21.00 horas, no Gustavo Freire de Lugo, nun espectáculo co que colabora El Progreso. Trátase dunha ocasión única para gozar este gran intérprete cunha especial posta en escena e unha exclusiva selección do seu repertorio, interpretado do modo máis intimista.