de actualidade
Marcelo Marcelo
 
Votacion: 
No hay votos

A Deputación de Pontevedra aproba os orzamentos de 2015

A Deputación de Pontevedra aprobou o seu orzamento para 2015 tras a súa votación hai hoxe un mes. Como non se presentaron reclamacións nin alegacións ao documento aprobado cos votos a favor do PP o 28 de novembro, as contas, cun importe de 148,4 millóns de euros, entrarán en vigor o 1 de xaneiro, tras a súa publicación mañá no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

O montante para 2015 é un 1,34% superior ao deste ano, e entre as súas partidas destacan os sete millóns de euros para o plan de emprego, os 12 para obras e servizos -que a oposición considera excesivamente vagos na súa formulación e con abuso da facultade de libre disposición- ou os 13 para acción social.

O documento tamén se fixa na redución da débeda, que pasou de 100 millóns de euros en 2009 aos 40 con que se prevé que se pechará o próximo exercicio.