ÚLTIMA HORA

Un novo ciberataque masivo afecta a empresas e institucións de varios países europeos

de actualidade
Úrsula Corberó Úrsula Corberó
 
Votacion: 
5 (1 voto)
1

Unhas 300 persoas vólvense a manifestar en Guitiriz contra o traslado do párroco

Esta é a novena manifestación que os veciños organizan para pedir o regreso de don José Ramón Peréz García

Unhas 300 persoas manifestáronse este domingo ás 11:00 horas na parroquia de Piedrafita, no Concello de Guitiriz, para protestar polo traslado do párroco José Ramón Peréz García, trasladado ao sur da provincia.

Esta é a novena manifestación por este traslado –incluídas a dúas fronte ao Obispado de Lugo–, así como a asistencia o sábado a unha misa oficiada por José Ramón Pérez García en Quiroga, segundo relataron os veciños a través dun comunicado.

Os veciños afirman que "seguirán ata onde sexa necesario". Esperan unha rectificación por parte do Obispado, en vista, sinalaron, do "clima de tensión creado ante a intransigencia da alta curia diocesana".

A próxima manifestación terá lugar o vindeiro domingo día 26 de marzo ás 12,00 horas na igrexa de Anafreita (Friol), coincidindo ese mesmo día coa 25 edición da Feira do Queixo e Pan de Ousá.

Comentarios

fotoOs comentarios enviados fóra do horario de moderación, serán aprobados ao día seguinte

Serán borrados os comentarios que conteñan insultos e/ou contados inadecuados Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.

imagen de usuario
j luns 20 de marzo de 2017, 15:21
1

non perdan o tempo,coman un churrasco con don ramon e paz.........