de actualidade
Penelope Fillon Penelope Fillon
 
Votacion: 
1 (1 voto)
Sucesos | Vigo 0

Arde un bus urbano en Chapela sen que haxa feridos

No autocar viaxaban 10 pasaxeiros, que foron desaloxados ao comezar a arder o motor

Arde un bus urbano en Chapela. \<sent\>_SUREM_

Arde un bus urbano en Chapela. \<sent\>_SUREM_

Un autobús da concesionaria de transporte urbano de Vigo, Vitrasa, ardeu á primeira hora da mañá deste luns na N-552, na parroquia redondelana de Chapela, sen que se rexistraron feridos.

Segundo sinalaron fontes do 112 Galicia, un particular alertou a urxencias sobre as 8.30 horas e relatou que un autobús estaba a arder, aínda que precisou que non había ninguén no interior. Ao lugar desprazáronse efectivos do parque de bombeiros de Teis (Vigo), de Protección Civil e da Policía Local de Redondela.

O autocar, unha unidade da liña C3, parte da cal discorre polo termo municipal de Redondela, circulaba en dirección a Vigo e estaba nunha parada no número 106 da Avenida de Redondela, segundo informaron a Europa Press fontes da empresa.

Un condutor de Vitrasa, que circulaba en dirección contraria, decatouse de que saían fume e chamas do motor de bus que estaba na parada e alertou ao seu compañeiro. Inmediatamente, o chofer desaloxou o vehículo, no que viaxaban unhas 10 persoas, que foron traspasadas a outro autobús sen incidencias.

Comentarios

fotoOs comentarios enviados fóra do horario de moderación, serán aprobados ao día seguinte

Serán borrados os comentarios que conteñan insultos e/ou contados inadecuados Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.