de actualidade
Penelope Fillon Penelope Fillon
 
Votacion: 
5 (2 votos)
Sociedade 0

O municipio de Sober suma nove centenarios

José Diéguez Fernández, veciño da parroquia de Santa Cruz de Brosmos, cumpriu os cen anos este fin de semana

José Diéguez, un novo centenario en Sober. TWITTER

José Diéguez, un novo centenario en Sober. TWITTER

O municipio lucense de Sober, un dos máis envellecidos de Galicia, suma xa nove persoas centenarias, despois de que José Diéguez Fernández, un veciño da parroquia de Santa Cruz de Brosmos, cumprise o pasado fin de semana cen anos de vida.

O novo centenario, que ten tres fillos, pasou o día acompañado pola súa familia e recibiu a visita no seu domicilio -no lugar de Sanmil- do alcalde da localidade, Luis Fernández Guitián, acompañado pola exrexedora local e secretaria da Mesa do Parlamento de Galicia, Raquel Arias.

Na actualidade, Sober, un municipio do sur da provincia de Lugo que non chega a 2.500 habitantes, ten a nove persoas centenarias, sete mulleres e dous homes.

Ademais, precisou o propio Concello, hai outras dúas mulleres a piques de cumprir esa idade: Concepción Pérez Marcos e Carmen Vidal, ambas de 99 anos.

Comentarios

fotoOs comentarios enviados fóra do horario de moderación, serán aprobados ao día seguinte

Serán borrados os comentarios que conteñan insultos e/ou contados inadecuados Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.