Votacion: 
5 (1 voto)
Galicia 0

A Xunta de Galicia presenta un programa para reter o novo talento

A Iniciativa Xove ou o Espazo Emprende son dúas das seis actuacións principais que se porán en marcha

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez Suárez, este mércores. XUNTA DE GALICIA

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez Suárez, este mércores. XUNTA DE GALICIA

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez Suárez, presentou este mércores o programa de estudo para a retención do talento emerxente de Galicia (Pertega).

Trátase "dunha folla de ruta que pretende fomentar as sinerxías entre os axentes implicados no desenvolvemento do talento dos mozos", informa a Xunta nun comunicado.

O documento recolle seis actuacións fundamentais: facilitar a información e o fluxo de información entre os distintos actores, a formación, a creación do denominado Espazo Emprende, a mobilidade, a convocatoria do Premio ao Talento Xove e a continuidade do programa Iniciativa Xove.

Este documento é o resultado das principais conclusións das mesas provinciais impulsadas desde o departamento autonómico de Xuventude para avaliar cos axentes implicados as posibilidades de desenvolvemento do talento dos mozos galegos.

Cecilia Vázquez explicou que "recollidas todas as observacións e achegas das mesas provincias, presentamos un programa de estudo conformado por un conxunto de actuacións que pretende concentrar os esforzos e a aposta da Xunta pola retención do talento dos mozos de Galicia".

Comentarios

fotoOs comentarios enviados fóra do horario de moderación, serán aprobados ao día seguinte

Serán borrados os comentarios que conteñan insultos e/ou contados inadecuados Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.