de actualidade
foto Usain Bolt
 
Votacion: 
5 (1 voto)
Sociedade | Cultura 1

Falece aos 55 anos a xornalista e escritora Carmen Amorós

Traballou durante máis de 20 anos no programa 'Bon dia', de TV3

Carmen Amorós. TWITTER

Carmen Amorós. TWITTER

A xornalista e escritora barcelonesa Carmen Amorós faleceu aos 55 anos a consecuencia dun cancro que padecía desde hai uns meses, informou este mércores a Corporació Catalá de Mitjans Audiovisuals, onde traballou durante 22 anos.


Amorós, que faleceu este martes, traballou durante máis de 20 anos no programa Bon dia, de TV3, sobre todo facendo informacións desde a rúa. Posteriormente traballou no programa Parlament e como redactora do portal de noticias 324.cat.

Tamén traballara en emisoras de radio, periódicos, revistas e produtoras, e ultimamente colaboraba en dous programas do Punt Avui TV.

Como escritora, a súa primeira obra foi Sabes, Princesa?, unha recompilación de relatos escritos en castelán, editado por Prensa 7, e colaborou ademais nunha obra coral, Homenaje a Casanova, editado por Montesinos.

Xa en catalán, e no xénero da non ficción, é autora dos textos de Barcelona, guapa!, un libro de fotografías de Enric Sió, así como de Guapos per sempre , do Concello de Barcelona, que fixo xunto coa tamén xornalista María Favà.

Da súa experiencia como xornalista e cooperante durante a guerra de Kósovo xurdiu un poemario, Quadern Balcànic, que publicou a editorial Mediterrània-Eivissa.

O seu último libro foi Ales de vidre, publicado recentemente por Stonberg Editorial, no que en ton de humor relata a vida dunha xornalista mergullada na crise dos corenta anos que decide escribir unha novela que nunca pode acabar.

Comentarios

fotoOs comentarios enviados fóra do horario de moderación, serán aprobados ao día seguinte

Serán borrados os comentarios que conteñan insultos e/ou contados inadecuados Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.

imagen de usuario
ESTEBAN mércores 19 de abril de 2017, 23:40
1

era una buena periodista y escritora catalana, dep