Votacion: 
No hay votos
0

Trump asume que o tiroteo de París é "outro ataque terrorista"

"Que podo dicirlles, isto nunca se acaba, temos que manternos fortes e vixiantes", dixo tras enviar as súas condolencias aos franceses

O presidente de EE UU, Donald Trump, asegurou este xoves que o tiroteo rexistrado pola tarde nos Campos Elíseos de París, e que deixou polo menos dous mortos —un policía e o presunto autor dos disparos—, "parece outro ataque terrorista", e enviou as súas condolencias "ao pobo de Francia" polo "terrible" suceso.

"É moi, moi terrible. Parece outro ataque terrorista. Que podo dicirlles, isto nunca se acaba, temos que manternos fortes e vixiantes", dixo Trump nunha conferencia de prensa logo de reunirse na Casa Branca co primeiro ministro italiano, Paolo Gentiloni.

Comentarios

fotoOs comentarios enviados fóra do horario de moderación, serán aprobados ao día seguinte

Serán borrados os comentarios que conteñan insultos e/ou contados inadecuados Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.