Votacion: 
1 (1 voto)
Sucesos

O incendio nunha vivenda de Lugo puido ser "intencionado"

O lume produciuse na rúa Serra Gañidoira, á beira do vello Hospital Xeral

Un incendio provocou que unha muller tivese que ser desaloxada na noite do xoves da súa casa na rúa Serra Gañidoira de Lugo. O lume iniciouse pasadas as dez e media da noite nunha vivenda nesta zona situada cerca do vello Hospital Xeral.

A Policía Local precisou este venres que o lume "puido ser intencionado" e que o presunto incendiario puido acceder "pola parte posterior que dá a unhas hortas".

Aínda que a casa afectada atopábase baleira, a muller que vivía nunha vivenda anexa tivo que ser desaloxada.

Dous camións de bombeiros desprazáronse ata o lugar para sufocar as chamas. Membros da Policía Nacional e da Policía Local acordoaron a zona.

Fai menos dun mes, concretamente o 27 de marzo, produciuse outro incendio na mesma rúa nunha casa unifamiliar situada a menos de 50 metros da vivenda afectada polo lume este xoves. 

Ademais, esta mesma semana rexistrouse outro incendio na cidade, na rúa Yáñez Rebolo, entón, a rápida intervención dos Bombeiros de Lugo evitou que o piso se calcinara.