Votacion: 
5 (1 voto)
0

A primeira final europea para o Celta pasa por Mánchester

O equipo de José Mourinho, penúltimo obstáculo para os celestes na Europa League ►Ajax e Lyon protagonizarán a outra semifinal

Sergio Álvarez celebra o pase a semifinais do Celta no campo do Genk. OLIVIER HOSLET (EFE)

Sergio Álvarez celebra o pase a semifinais do Celta no campo do Genk. OLIVIER HOSLET (EFE)

O Manchester United será o rival do Celta de Vigo nas semifinais da Europa League, segundo o resultado do sorteo que tivo lugar este venres na sede da UEFA, en Nyon.

O Celta ten a só dous partidos o soño de disputar a primeira final europea da súa historia, pero enfronte terá ao coco da competición: o Manchester United de José Mourinho.

A ida xogarase en Vigo, o 4 de maio; mentres a volta terá lugar en Manchester, o 11 do mesmo mes.

O outro finalista sairá do duelo que disputarán o Ajax de Amsterdam e o Olympique Lyon.

Comentarios

fotoOs comentarios enviados fóra do horario de moderación, serán aprobados ao día seguinte

Serán borrados os comentarios que conteñan insultos e/ou contados inadecuados Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.