de actualidade
Cristiano Ronaldo Cristiano Ronaldo
 
Votacion: 
No hay votos
Sociedade 0

As 'reválidas' da Lomce celebraranse a finais de maio

Estás probas de diagnóstico de Primaria e Secundaria terán un carácter muestral

Aula de Primaria. ISMAEL FERREIRO (EFE)

Aula de Primaria. ISMAEL FERREIRO (EFE)

As probas de diagnóstico obrigatorio —implantadas tras a aprobación da Lomce— para as etapas de Primaria e Secundaria, e coñecidas como 'reválidas', celebraranse finalmente a finais do mes de maio na comunidade galega. levarán a cabo os días 23 e 24 de maio en 6º de Primaria e en 4º da ESO, mentres que no 3º curso terán lugar o 30 e 31 do mesmo mes.

Terán carácter muestral, é dicir, que non se celebrarán en todos os centros senón en determinados emprazamentos seleccionados segundo criterios técnicos. Os estudos representarán —de forma aproximada— o 15 por cento do total en caso de 6º de primaria e 4º de secundaria. 


Os exames son de carácter informativo para a administración, á hora de detectar carencias e deseñar métodos de reforzo.


A Consellería de Educación resaltou que o carácter diagnóstico destes exames indica que "non terá ningunha repercusión no expediente académico dos alumnos", senón que o obxectivo será achegar información complementaria á administración á hora de detectar carencias e deseñar accións de reforzo. A proba final de secundaria avaliará as competencias en matemáticas e lingüística —galego, castelán e lingua estranxeira— e a competencia social e cívica.

No caso de primaria, a estrutura será similar, pero contará con ciencia e tecnoloxía en lugar da parte social, e a proba de 3º seguirá celebrándose da mesma forma nos últimos dous cursos. Educación facilitará o apoio necesario aos centros que realicen as probas, deseñadas por grupos docentes que imparten no nivel avaliado, tanto de material, como de soporte informático.

Comentarios

fotoOs comentarios enviados fóra do horario de moderación, serán aprobados ao día seguinte

Serán borrados os comentarios que conteñan insultos e/ou contados inadecuados Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.