de actualidade
foto Barack Obama
 
Votacion: 
No hay votos
Galicia 1

Só o 13% dos concellos galegos están rexidos por mulleres, a segunda peor cifra de España

O número de concelleiras sitúase cerca do 40% establecido pola lei de paridade, pero a ausencia dunha norma que estableza a posición que han de ocupar nas formacións políticas relégaas en moitos casos a unha segunda liña

A pesar da paridade imposta nos cargos públicos pola Lei de Igualdade en 2007, as corporacións galegas seguen tendo moitas menos mulleres que homes. As eleccións de 2015 situaron a 1.379 edilas nos gobernos locais, unha taxa do 36,69% que, a pesar de estar por encima da media española, non alcanza o 40% establecido hai case dez anos. E o que é máis rechamante: apenas o 13% dos municipios están rexidos por alcaldesas: 42.

A evolución ao longo dos últimos anos, con todo, foi positiva. É certo que desde que a compostelá Concepción Pérez Iglesias tomou o mando do concello pontevedrés de Portas en xaneiro de 1925 —pouco máis dun ano despois do golpe de Primo de Rivera— ata a chegada da Transición, o número de rexedoras en Galicia, do mesmo xeito que a nivel nacional, foi máis ben anecdótico, pero a democracia trouxo consigo un tímido cambio de tendencia que aínda hoxe trata de consolidarse.

Tendo en conta que nas eleccións municipais de 1983 só seis mulleres fixéronse coa alcaldía, é fácil percibir a transformación. É certo que durante o goberno de Aznar o seu número estancouse entre as dez e as catorce, pero a chegada do PSOE coincidiu co que ata agora é o maior salto cuantitativo: pasouse das catorce rexedoras dos comicios locais de 2003 ás vinte e sete que foron elixidas só catro anos máis tarde. Apenas dous meses logo da aprobación no Congreso da Lei de Igualdade, o seu número duplicouse. 


FALTA DE PODER. Co recente nomeamento da independente María Jesús García como alcaldesa de Sobrado, son 42 as mulleres á fronte dos 314 concellos galegos —un 13% do total—, o que deixa á comunidade segunda pola cola. Esta porcentaxe pouco ten que ver co de concelleiras, do 36,69%, superior ao estatal (35,57%). A conclusión máis obvia é que a pesar de que houbo un claro salto cuantitativo, hai traballo por facer no cualitativo. A falta dunha norma que estableza a posición que han de ocupar as mulleres nas listas relégaas a un segundo nivel, un extremo denunciado por moitas delas.

Protagonistas

Olga Iglesias, alcaldesa de Triacastela (PP): "Hai que educar desde pequenos para axudar á conciliación familiar"

Cada vez son máis as mulleres en postos políticos, pero Galicia segue tendo unha porcentaxe moi baixa de alcaldesas. Por que?

Creo que é un tema de conciliación familiar; realmente é iso. Os homes son igual de capaces que as mulleres, iso que ninguén o poña en dúbida, pero ás veces a familia, os fillos, son o que máis che pode coartar para dedicarte a algo que supón unha dedicación de 24 horas.

Entón, a conciliación nos homes é algo secundario?

Eu creo que hai que avanzar aí. No meu caso non tiven ese problema, pero o vexo constantemente ao meu ao redor. Hai moitas mulleres que non queren ir de primeiras ou segundas nunha lista electoral porque teñen nenos pequenos ou unhas certas cargas.

Non é tanto que se lles 'corte as ás', senón máis ben que son elas as que non teñen a posibilidade.

Exactamente, creo que a día de hoxe ninguén che coarta.

Nunca atopou algunha traba no seu papel de alcaldesa polo feito de ser muller?

Non, non; nunca. Se ti faste respectar, a xente respéctate tanto se es home como muller. Fáloche dun concello rural, onde supostamente habería máis machismo entre os veciños, pero non. Os meus veciños son capaces de antepor este tema.

Que habería que facer para acabar con esa problemática de conciliación da que falaba?

É un tema que afecta non só á política, senón á hora de estar en altos cargos en empresas. Ao final, as mulleres non dan chegado aí, moitas veces por esas situacións. Hai que axudar á conciliación familiar educando desde pequenos nese sentido. As responsabilidades son de todos.


Sandra González, alcaldesa de Tomiño (BNG): "Necesitamos que haxa un mínimo de mulleres nos postos de dirección"

A porcentaxe de alcaldesas en Galicia é só do 13%. Moi baixo, sobre todo tendo en conta que somos un pouquiño máis da metade da poboación. A que cre que se debe isto?

Hai moitísimos factores, fasme a pregunta do millón. O primeiro, que a muller se ten incorporado a política moi recentemente. Segundo, moitos factores sociais; por exemplo, as cuestións dos tempos das mulleres, os tempos de coidado, que están organizados na sociedad dun xeito totalmente patriarcal, tendo en conta as necesidades dos homes. ¿Por que? Seguramente porque son eles os que dirixen. Falta unha visión desde o punto de vista feminino.

Entendo que isto aplícase a outros ámbitos da vida.

Si. Isto é aplicable ao número de mulleres que hai nas direccións do Ibex 35, por exemplo. É certo que na política, co avance que se fixo coas listas paritarias, hay más presencia de mulleres, pero eu creo que non só ten que haber presencia, senón que temos que estar en postos de dirección.

Que pensa que habería que facer para acadar esta igualdade?

Ten que haber un mínimo de mulleres que estean en postos directivos, como xa fan outros países. Iso favorecerá que unhas abran o camiño e o paso ás outras. As mulleres aportamos unha visión do mundo que é importante, que ademais é a visión de media sociedade. É positivo para as institucións, pero creo que o estamos desperdiciando.

Sufriu algún tipo de desplante estando á fronte do Concello?

Os mesmos que atopa calquera muller no seu posto de traballo, como os socorridos micromachismos que sempre nos rodean.

Comentarios

fotoOs comentarios enviados fóra do horario de moderación, serán aprobados ao día seguinte

Serán borrados os comentarios que conteñan insultos e/ou contados inadecuados Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.

imagen de usuario
mujer votante venres 19 de maio de 2017, 09:06
1

Lo que muchas mujeres sabemos es que lo que sobran son el multitudinario número de Concellos que existen. Y sobre todo sobran las Diputaciones. Los concellos deben fusionarse. Francia les impuso contar contar con 20mil habitantes para existir. E igualmente fusionó varios departamentos para hacer más eficiente su gestión. Deberíamos hacer lo mismo eliminando Diputaciones, fusionando concellos que tengan menos de 10mil habitantes. Y fusionar igualmente las Comunidades Autónomas con menos de medio millón de habitantes. Hay cosas inexplicables como elnParlamento de la Rioja.