de actualidade
foto Kim Jong-un
 
Votacion: 
No hay votos
2

A incómoda pregunta dun garda civil de Vigo a Junqueras sobre o referendo

O galego criticou en 'El Objetivo' que o vicepresidente da Generalitat incite aos cataláns ao incumprimento da Constitución

Leonardo Lago formulándolle a súa pregunta a Oriol Junqueras. A SEXTA

Leonardo Lago formulándolle a súa pregunta a Oriol Junqueras. A SEXTA

Un garda civil de Vigo tivo a oportunidade de facer unha pregunta ao vicepresidente da Generalitat de Cataluña, Oriol Junqueras, que acudiu como invitado este domingo a El Objetivo, de La Sexta.

Tras opinar que "todos os españois deberían votar se se decide modificar a Constitución" para permitir a celebración do referendo, Leonardo Lago lanzou a pregunta. "Como pretender cumprir e facer cumprir a futura lexislación catalá cando están a incumprir vostedes e incitando aos cidadáns ao incumprimento da Constitución e das leis do Estado? Con que forza moral van facer que os cataláns cumpran a [constitución] que vostedes decidan?".

Seguidamente Junqueras respondeu, alegando que o dereito á autodeterminación está acollido no dereito internacional e que a convocatoria do referendo "non está tipificado como delito no código penal". Como vai ser delito algo que non está tipificado como delito?, preguntouse.

O vicepresidente do Executivo catalán insistiu neste punto sobre o dereito a decidir dos cidadáns: "Estamos convencidos de que a sociedade española debe poder decidir sobre a súa constitución e que a sociedade catalá ten todo o dereito a decidir sobre se se constitúe ou non nunha república", resolveu.

Comentarios

fotoOs comentarios enviados fóra do horario de moderación, serán aprobados ao día seguinte

Serán borrados os comentarios que conteñan insultos e/ou contados inadecuados Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.

imagen de usuario
champion luns 11 de setembro de 2017, 16:46
2

El 47 % de la población de cataluña, con derecho a voto, ha sido adoctrinada contra todo lo que sea representante de España. Es tal el odio que corre por sus venas, que preveo un conato de guerra civil en cataluña, el próximo día 1-O. El Sr.Otegui, hoy, festividad de la "diada" se fotografía con los lideres del Govern. No olvidemos que los anarquistas de la CUP, mas los comunistas de Podemos, son todos ellos lo mas interesados en desestabilizar nuestro Estado de Derecho.

imagen de usuario
Incumpliendo luns 11 de setembro de 2017, 13:58
1

Y si a un Guardia Civil le ordenan disparar bolas de goma sobre inmigrantes que intentan llegar a nado a la costa española. ¿debe incumplir las normas?