de actualidade
foto Kim Jong-un
 
Votacion: 
5 (1 voto)
Galicia 1

Darío Campos: "Gañe quen gañe, ao día seguinte será o meu secretario xeral"

O presidente da Deputación de Lugo incide en que nas primarias do PSdeG o "papel importante é o dos militantes"

Darío Campos. XESÚS PONTE

Darío Campos. XESÚS PONTE

O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, manifestou a súa intención de manter nas primarias, para elixir ao novo secretario xeral do PSdeG, a mesma neutralidade que exhibiu en público no proceso que levou de novo a Pedro Sánchez á dirección do Partido Socialista.

"Hai que respectar o momento da militancia", dixo Darío Campos, quen recordou que, como presidente da comisión de ética, o órgano que en certa medida velará polas garantías do proceso de primarias en Galicia, a súa intención é manter unha "neutralidade total".

"Gañe quen gañe, ao día seguinte será o meu secretario" xeral, afirmou Campos, porque opina que "así ten que ser". Neste momento, opina que non son favorables "as declaracións publicamente a favor dun ou outro" por parte de cargos do PSdeG, porque "o papel importante é o dos militantes".

Nese sentido, como militante, confirmou que vai votar por algún dos candidatos que se presentan, pero non "a dicir" por cal. Ao seu xuízo, este proceso ten "unha importancia moi grande" para o futuro do Partido Socialista en Galicia, que ten que ser a "alternativa" ao goberno do PP.

Comentarios

fotoOs comentarios enviados fóra do horario de moderación, serán aprobados ao día seguinte

Serán borrados os comentarios que conteñan insultos e/ou contados inadecuados Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.

imagen de usuario
isaac luns 11 de setembro de 2017, 19:24
1

Y A MI TAMBIÉN COBRANDO MAS DE 6000 EURETES AL MES DARIO QUE MAS DA QUIEN SEA DE VETERINARIO NO LAS GANABAS Y SI COBRABAS QUE TENDRÍAS BUENOS PUFOS DE LOS PAISANOS SUELDO FIJO 4 AÑITOS JAJA QUE CARA DURA TENÉIS Y TU SOCIO MARTIMEZ ESE SI HAY PASTA SE PASA A CUALQUIERA OYE DARIO HABER SI ME COMTRACTAS DE ASESOR CONO LA HIJA DEL ALCALDE DE NAVIA DE SUARNA QUE ES ASESORA DEL PADRE DE LA DIPUTACION SERA DE LAS VACAS QUE ES LO QUE LLEVA NO QUIERO GANAR 4OOO E AL MES Y PODERME COMPAR COMO ELLA CON APENAS 28 AÑOS UN RANYE ROVER DE 40,OOO E O UN PISO DE 3000 METROS EN EL SEMINARIO Y APARTAMENTOS EN VIGO COMO MARTINEZ MENUDA PANDILLA DE SOCIALISTAS HAY EN LA DIPUTACIÓN DE LUGO JAJA A A PORPOSITO TU SOCIO MARTIMEZ TIENE JUICIO CON MIGO EN BECERREA POR AMENAZAS POR PONER TODO ESTO Y AQUERE COMPARARME CON TRABAJO EN LA DIPUTACIÓN PARA CALLARME