de actualidade
foto Kim Jong-un
 
Votacion: 
5 (1 voto)
6

CC OO critica o "fanatismo" de En Marea e BNG: "Non imos permitir que Elnosa peche"

O presidente do comité de empresa desmente o contido das alegacións presentadas polo Concello, que indican que o novo sistema previsto para a fábrica vai contaminar máis a ría

Imagen de la clorera en Pontevedra. DP

Imagen de la clorera en Pontevedra. DP

Os traballadores de Elnosa acudirán a Santiago de Compostela este mércores para concentrarse ás portas do Parlamento de Galicia coincidindo co debate sobre o futuro da empresa en Pontevedra, tal e como anunciou este luns o secretario de organización de Comisións Obreiras, José Luís García Pedrosa. 


Precisamente, en declaracións aos medios, o sindicalista lamentou o "fanatismo" tanto do BNG como de En Marea en relación coa actividade industrial na ría de Pontevedra. "Hai que ser serios e non tan golfos", manifestou García Pedrosa para insistir en que desde CC OO "non imos permitir que Elnosa peche".

Pola súa banda, o presidente do comité de empresa da fábrica de cloro de Lourizán, Avelino García, asegurou que os traballadores están cansados de "a merda que se está botando a Elnosa", en referencia ás alegacións presentadas polo Concello de Pontevedra, que indican que o novo sistema previsto para a fábrica vai contaminar máis a ría.

Respecto diso, Avelino García considerou esta afirmación unha "falacia" e argumentou que haberá máis verteduras pero non máis contaminación co cambio de tecnoloxía que proxecta a dirección da clorera.

Ademais, os representantes sindicais recordaron que a Unión Europea (UE) ofreceu unha moratoria á empresa sueca Inovyn para que poida continuar traballando con mercurio ata maio de 2018, unha ampliación do prazo que o comité de empresa de Elnosa tamén reclama para a fábrica de Pontevedra.

Pola súa banda, a Asociación pola Defensa da Ría (APDR) presentou alegacións á revisión da Autorización Ambiental Integrada (AAI) de Elnosa ao entender que a proposta exposta pola multinacional CUF supón un cambio substancial das instalacións que aumentarían a produción e almacenamento de cloro.

Nas alegacións, tamén advirte de que se incrementarían os volumes de vertedura ao medio mariño e as emisións de cloro ao aire, con maior incidencia sobre a seguridade e a saúde das persoas e do medio ambiente.

Ademais, avisa de que suporía un aumento do caudal da vertedura e do consumo de auga do Lérez que superaría o 50% ao pasar de 171.516 metros cúbicos actuais a 300.000 previstos para o novo proxecto que expón a empresa cun novo sistema de produción no que xa non se traballaría con mercurio senón cunha estrutura de membrana.

A APDR entende que estes cambios esixen a tramitación do informe de compatibilidade urbanística do Consistorio e un informe que analice o estado ambiental do lugar no que se atopa a instalación.

Comentarios

fotoOs comentarios enviados fóra do horario de moderación, serán aprobados ao día seguinte

Serán borrados os comentarios que conteñan insultos e/ou contados inadecuados Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.

imagen de usuario
qwerty martes 12 de setembro de 2017, 22:07
8

Para todos os defensores da saúde humana que vexo que son moitos lles vou a dicir unha cousa. O cloro salvou moitas máis vidas humanas que todas as que puidésedes salvar vós nin nacendo cincocentas veces. A lixivia que fan limpou e desinfectado vosas casas toda a vida. O que pasa é que o egoísmo vos pode, queredes ter auga potable e hospitais limpos, pero que as fábricas estean lonxe, que llo coman outros.

imagen de usuario
Nikolak martes 12 de setembro de 2017, 14:09
7

#2 Votante medio del PP...

imagen de usuario
Necio martes 12 de setembro de 2017, 12:38
6

#2 Opinar que la "salud y el medioambiente" es un "conto" es propio de alguien con una inteligencia muy por encima del resto,jajaja. Es propio de un cavernícola, retrogrado, paleto, mal informado, inculto, mentalmente retrasado, inconsciente,..alguien a quien su salud y la de los demás le debe importar muy poco. O propio de alguien que ni sabe lo que es el medioambiente y que considera que su salud y los demás no depende de lo que come, de lo que bebe o de lo que respira. por el simple hecho de vivir en Pontevedra todos los pontevedreses que nos alimentemos, aunque sea exposardicamente, de frutos de la ria ya tendremos acumulado en nuestros tejidos mercurio, si algún dia ese mercurio acumulado llega aun nivel determinado provoca enfermedades que si aun no estas sufriendo (por como funciona tu cerebro es posible que ya tengas alguna patologia) tu jamás conocerás ya que si la salud te da igual no acudirás, supongo, al medico. Importar poco o nada la salud de los ciudadanos (si a ti no te importa a los demás si) y la salud del medioambiente y creer que eso es un "conto" de En marea o Bloque y propio de chupones que viven de "puta madre" puede ser un síntoma de mal funcionamiento del cerebro que es una de las alteraciones que puede provocar la acumulación de mercurio. políticamente estoy en las antípodas de esos partidos, pero estoy contra la contaminación y la industria que la provoca por que me importa mi salud y la de los demás y me importa el medioambiente en el que vivo (de el también depende la salud). Tu forma de pensar es propia de quien hasta critica los lombos pues es seguro que no sabes como circulan los coches por Pontevedra y por el rural, igual hasta eres de los que le gusta correr, los lombos son absolutamente necesarios mientras haya gente que no sabe controlar su velocidad de conducción. Los lombos solo pueden molestar a quienes les gusta pisar pues solo si se toman a velocidad son negativos para el coche.

imagen de usuario
O que hai que ler martes 12 de setembro de 2017, 11:16
5

Que gran razonamento: os que defenden o medio e a saúde son uns chupóns pero os que contaminan o de todos para repartirse os beneficios son uns heroes da patria. En fin...

imagen de usuario
LORES FORA DA RIA luns 11 de setembro de 2017, 20:52
2

Desde logo ai que opoñerse a todo, sempre co mesmo conto "el medio ambiente y la salud", si home, estamos de acordo, pero vamos a vivir do conto, coma vos, pero si lo que van a montar es una embotelladora de Agua Mineral de la Ria de Pontevedra o una fabrica de composteiros, pero se estades en contra de todo, o voso son os lombos, os composteiros y a vivir de puta madre (canto chupon xunto)

imagen de usuario
Egoismo luns 11 de setembro de 2017, 20:31
1

Si defender el medioambiente y la salud de la gente es "fanatismo", defender lo contrario es ser tonto. En Marea y el Bloque están en contra de la clorera, pero somos muchos los que desde fuera de la política también nos oponemos a su presencia.