de actualidade
foto Kim Jong-un
 
Votacion: 
5 (1 voto)
España 0

A Fiscalía ordena a Trapero que os Mossos "requisen urnas" e eviten o 1-O

Ordena que actúen ante calquera acto executado por autoridades, funcionarios ou "particulares en conivencia con aqueles"

Josep Lluís Trapero. ALEJANDRO GARCÍA (EFE)

Josep Lluís Trapero. ALEJANDRO GARCÍA (EFE)

A Fiscalía de Cataluña ordenou ao maior dos Mossos d'Esquadra, Josep Lluís Trapero, así como á Garda Civil e o Corpo Nacional de Policía en Cataluña que, para evitar a "consumación do delito", "requisen urnas" e todo material destinado a preparar e celebrar o referendo do 1 de outubro.

Tras unha reunión este mediodía con Trapero e os responsables da Garda Civil en Cataluña, Ángel Gozalo, e do Corpo Nacional de Policía, Sebastián Trapote, a Fiscalía emitiu un comunicado no que ordena a todas as unidades da policía xudicial que actúen ante calquera acto executado por autoridades, funcionarios ou "particulares en conivencia con aqueles" dirixidos a preparar e celebrar do "referendo de autodeterminación ilegal".

Comentarios

fotoOs comentarios enviados fóra do horario de moderación, serán aprobados ao día seguinte

Serán borrados os comentarios que conteñan insultos e/ou contados inadecuados Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.