de actualidade
foto Kim Jong-un
 
Votacion: 
No hay votos
Sociedade | Gente 0

Chabelita e Alejandro Albalá vólveno facer: rompen por enésima vez

A pesar de vivir un intenso verán xuntos, no que se lles viu moi unidos, o final foi o mesmo de sempre

Isa Pantoja e Alejandro Albalá volveron a romper a súa relación tras finalizar o verán. A noticia, desvelada no programa de Ana Rosa e da que se fixo eco Chance, non colleu a case ninguén por sorpresa, pois son demasiados os exemplos de rupturas e reconciliacións na indecisa parella.

No entanto nesta ocasión viramos a Chabelita e Alejandro nunha actitude moi cariñosa durante as vacacións que ambos gozaron xuntos en Cantora e Eivissa, polo que o desenlace –demasiado repetido– foi máis imprevisible que noutras ocasións.

Segundo apuntan varios medios o motivo da separación estaría na mala relación da filla de Isabel Pantoja coa familia de Alejandro Albalá.

De momento os protagonistas preferiron manter o seu silencio e distanciarse totalmente, posto que ela permanecerá en España e el puxo rumbo a Mánchester co obxectivo de retomar os seus estudos de piloto de voo. 

Comentarios

fotoOs comentarios enviados fóra do horario de moderación, serán aprobados ao día seguinte

Serán borrados os comentarios que conteñan insultos e/ou contados inadecuados Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.