de actualidade
foto Kim Jong-un
 
Votacion: 
No hay votos
Sucesos

Interceptan en Vilanova un camioneiro que conducía baixo os efectos das drogas

O condutor, veciño de Cambados, tampouco efectuara os descansos obrigatorios

Axentes da Garda Civil interceptou en Vilanova de Arousa ao condutor dun camión articulado de máis de 40 toneladas de peso, que conducía baixo os efectos das drogas, que non efectuou os descansos obrigatorios e que en días anteriores superara os tempos de condución.

O Instituto Armado comunicou que os feitos ocorreron o pasado domingo, cando unha patrulla de Transportes do Subsector de Tráfico de Pontevedra interceptou a un camioneiro, veciño de Cambados, nun control rutineiro de estrada.

Os axentes detectaron no home "un comportamento anómalo", polo que lle realizaron unha proba de alcoholemia. Esta resultou negativa, pero ao persistir os síntomas de desatención practicóuselle o test de detección de drogas en saliva, na que deu positivo.

Así mesmo, comprobouse que o camioneiro non efectuara os descansos obrigatorios e que en días anteriores superara os tempos de condución, polo que foi denunciado administrativamente. Ademais, o vehículo foi inmobilizado e comunicáronse os feitos á empresa para a substitución do condutor.

A Garda Civil remarcou que conducir baixo os efectos do alcol e as drogas pon en risco a vida do propio condutor, así como dos demais usuarios da estrada; e chamou a todos os cidadáns a informar a través dos teléfonos 062 e 112 cando detecten conducións anómalas.