de actualidade
foto Kim Jong-un
 
Votacion: 
5 (4 votos)
Sucesos

Multan a un ciclista por cuadriplicar a taxa de alcol e vaise tomar outra copa

Os feitos ocorreron en Muimenta ►Tras ser sancionado, o condutor abandonou o lugar andando, coa bicicleta na man, e dirixiuse a outro bar

A Garda Civil de Lugo investiga un ciclista de 73 anos que cuadriplicou a taxa de alcoholemia na estrada LU-120, en Muimenta.

Unha vez finalizada a actuación, o condutor, sancionado, abandonou o lugar andando, coa bicicleta na man para, "segundo as súas propias palabras, ir tomar unha copa a un local de hostalería próximo", segundo explica a Benemérita nun comunicado de prensa.

Na nota, indica que sucedeu ás 17.10 horas deste martes, durante o desenvolvemento dun punto de verificación de alcol e drogas, cando unha persoa se aproximou en bicicleta dun modo "absolutamente errático e irregular".

Ante esta forma de circular, os axentes detivérono e comprobaron que se atopaba baixo os efectos do alcol, cun resultado de 0,99 miligramos por litro de aire expirado.

Este tipo de condutas, segundo apunta a Garda Civil, está tipificado como infracción moi grave e pode levar unha sanción de 1.000 euros.