de actualidade
foto Kim Jong-un
 
Votacion: 
No hay votos
0

A web do referendo catalán deixa de estar operativa

Un xuíz ordenou o seu peche e o Goberno catalán reábre noutros dominios ► TV3 deixa de emitir o anuncio do 1-O

Web oficial do referendo. EP

Web oficial do referendo. EP

O presidente da Generalitat, Carles Puigdemont, difundiu este mércores desde Twitter os novos enlaces da web do referendo, para esquivar así o peche do dominio orixinal levado a cabo este mércores pola Garda Civil.

A Garda Civil pechou a páxina web do referendo convocado para o próximo 1 de outubro, por orde do titular do xulgado de instrución número 13 de Barcelona, que investiga os preparativos da consulta.

Segundo informaron fontes do instituto armado, axentes da Garda Civil acudiron á empresa CD Mon de Malgrat de Mar (Barcelona), que xestionaba o servidor da web do referendo, e entregaron un mandamento xudicial de peche da mesma, orde que a compañía cumpriu.



Pouco despois das 19.00 horas, a web referendum.cat, que informaba da consulta de independencia suspendida polo Tribunal Constitucional, deixou de funcionar, de forma que os internautas non poden acceder a ela. Con todo, case simultaneamente, a Generalitat puxo en marcha dous novos enlaces que replican a páxina web pechada.

Puigdemont foi informando a través de varios tuits do cambio de localización da web: "A web do referendo está dispoñible desde outra dirección. Entrade a través deste enlace: ref1oct.cat", escribiu o president, que engadiu: "E tamén a atoparedes en ref1oct.eu. Hai moita xente accedendo de golpe aos dous dominios".

Outros membros do Govern, como o vicepresidente, Oriol Junqueras, ou o conseller da Presidencia, Jordi Turull, contribuíron a difundir os novos enlaces desde as súas contas de Twitter.

Comentarios

fotoOs comentarios enviados fóra do horario de moderación, serán aprobados ao día seguinte

Serán borrados os comentarios que conteñan insultos e/ou contados inadecuados Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.