de actualidade
Marcelo Marcelo
 
Votacion: 
No hay votos

O corredor do Morrazo pechará a partir do luns ata o mes de maio

A Xunta reforzará o transporte marítimo de ría, cun aumento das frecuencias dos barcos, así como o servizo de ambulancia na comarca

Obras de conversión en autovía do Corredor do Morrazo. DP

Obras de conversión en autovía do Corredor do Morrazo. DP

O corredor do Morrazo pechará o vindeiro luns ata maio de 2018, cando se abrirán ao tráfico os dous primeiros tramos xa con características de autovía, e durante este tempo desenvolveranse as obras de desdobramento do túnel de Montealegre con garantías de preservación do castro.

Para paliar os efectos deste corte, a Xunta recorda nun comunicado que reforzará o transporte marítimo de ría, cun aumento das frecuencias dos barcos, así como o servizo de ambulancia na comarca do Morrazo.

O pasado xuño, a Xunta e os concellos de Cangas, Moaña e Bueu acordaron variar o trazado da autovía para preservar o castro de Montealegre, o que implica a realización deste peche.

Os estudos técnicos realizados pola Axencia Galega de Infraestruturas certificaban a viabilidade de ampliar o túnel de Montealegre en lugar de facer un segundo para construír a autovía.

En canto ao terceiro tramo da autovía, que inicialmente prevía un corte total do tráfico durante un mínimo de 2 meses, a Xunta optou por unha solución alternativa para non atrasar a obra.

Ésta consistirá nun desvío provisional na zona onde é preciso levar a cabo voaduras.