de actualidade
Marcelo Marcelo
 
Votacion: 
No hay votos
Sucesos 0

Controlado o incendio forestal en Chandrexa de Queixa tras arrasar 75 hectáreas

O outro lume que afectaba o parque natural de Baixa Limia-Serra do Xurés tamén se atopa dominado

Incendio en Chandrexa de Queixa. @BrifLaza

Incendio en Chandrexa de Queixa. @BrifLaza

O incendio forestal que afecta o municipio de Chandrexa de Queixa, Ourense, desde a madrugada deste venres permanece controlado tras queimar unhas 75 hectáreas de superficie.

Así o indicou a Consellería do Medio Rural, que apunta que as novas estimacións deste lume sitúan a superficie afectada nunhas 75 hectáreas.

O mesmo departamento sinalou que tamén na parroquia de Queixa, ás 22,45 horas do xoves comezou un primeiro lume, e ás 3.51 horas deste venres un segundo, que está controlado.

PARQUE NATURAL. Doutra banda, continúa controlado o incendio forestal que afecta desde as 20,07 horas do luns ao parque natural de Baixa Limia-Serra do Xurés, no municipio de Lobios, que supera as 20 hectáreas.

Comentarios

fotoOs comentarios enviados fóra do horario de moderación, serán aprobados ao día seguinte

Serán borrados os comentarios que conteñan insultos e/ou contados inadecuados Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.