de actualidade
Marcelo Marcelo
 
Votacion: 
No hay votos
Sociedade 0

As Illas Atlánticas entran na lista indicativa de patrimonio mundial

Ademais, España preséntase a ser membro do Comité de Patrimonio Mundial e as eleccións terán lugar o 14 de novembro

Parque Nacional das Illas Atlánticas. ADP

Parque Nacional das Illas Atlánticas. ADP

O Consello de Patrimonio Histórico acordou incluír ao Parque Nacional Illas Atlánticas na lista indicativa de patrimonio da Unesco, xunto co Vino en Iberia.

O Consello tamén aprobou presentar a candidatura Priorat- Montsant- Siurana, mosaico mediterráneo a Patrimonio Mundial da Unesco, ao ser unha paisaxe "módelico" resultado da interacción do home e o medio natural que o rodea.

Así o anunciou este venres o director xeral de Belas Artes e Patrimonio Cultural do Ministerio de Cultura, Luis Lafuente, na presentación das conclusións do Consello, reunido desde o pasado día 4 ata este venres na Rioxa, con motivo do 20 aniversario da declaración dos mosteiros rioxanos de San Millán da Cogolla a Patrimonio da Humanidade.

No Consello tamén se informou do estado das candidaturas que están en proceso, Medina Azahra cidade califal, que tivo recentemente a misión de avaliación e será presentada ante o Comité de Patrimonio Mundial de 2018; e da candidatura Paisaxe Cultural de Risco Caído e os espazos sacros de montaña de Gran Canaria, que foi presentada ante o Centro de Patrimonio Mundial, no prazo voluntario que concede a Unesco.

Ademais, este ano España preséntase a ser membro do Comité de Patrimonio Mundial e as eleccións terán lugar o 14 de novembro do ano en curso, en París, sede da Unesco.

Comentarios

fotoOs comentarios enviados fóra do horario de moderación, serán aprobados ao día seguinte

Serán borrados os comentarios que conteñan insultos e/ou contados inadecuados Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.