de actualidade
Marcelo Marcelo
 
Votacion: 
5 (1 voto)
2

Catro deputados de Podemos e EU votan distinto a En Marea nunha proposta do BNG sobre Cataluña

Diputados de En Marea, Podemos y BNG, este viernes en el Parlamento. PEPE FERRÍN

Diputados de En Marea, Podemos y BNG, este viernes en el Parlamento. PEPE FERRÍN

Tres deputados do sector oficial de Podemos (Carmen Santos, Juan Merlo e Magdalena Barahona) e a líder de Esquerda Unida, Eva Solla, votaron distinto aos seus compañeiros de En Marea nunha proposta do Bloque sobre o conflito catalán.

En concreto, nesta iniciativa presentada no Debate sobre o Estado da Autonomía, o BNG pedía respectar "o dereito de autodeterminación dos pobos e a vontade expresada polo pobo catalán no referendo".

Precisamente, este punto referido a "respectar a vontade expresada polo pobo catalán no referendo" é o que xerou as discrepancias no seo do grupo instrumental. E é que tal e como explicaron fontes da formación morada a Europa Press, Podemos Galicia defende que a consulta sexa "pactada e con garantías" e consideran que a redacción do BNG podería dar validez á votación do 1 de outubro cuxo resultado, para eles, non é lexítimo.

A pesar desta discrepancia que foi debatida no seo do Grupo Parlamento de En Marea e que motivou que o viceportavoz Antón Sánchez pedise a votación da resolución por separado doutras, as mesmas fontes enmarcaron as diferenzas respecto desta cuestión "na normalidade" dentro do funcionamento dun espazo de unidade popular con distintas sensibilidades.

Con todo, a proposta dos nacionalista galegos, que tamén condenaba a "vulneración dos dereitos e as liberdades fundamentais e a violencia exercida polo Estado español contra o pobo de Cataluña", foi rexeitada cos votos en contra do Partido Popular e o PSOE, a abstención destes catro deputados e o apoio dos 10 restantes parlamentarios de En Marea e os do BNG.

Esta é a primeira vez no que vai de lexislatura que os parlamentarios de En Marea expresan as súas diferenzas nas votacións na Cámara.

Comentarios

fotoOs comentarios enviados fóra do horario de moderación, serán aprobados ao día seguinte

Serán borrados os comentarios que conteñan insultos e/ou contados inadecuados Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.

imagen de usuario
paletos sábado 7 de outubro de 2017, 12:10
2

Resultado de la propuesta: Derrota mayúscula del BNG. Y así año tras año. Vaya matraca.

imagen de usuario
melenas venres 6 de outubro de 2017, 21:22
1

Xa están dando por saco estés melenas,hak que sacamos do parlamento,que se enteren que Galicia non e Cataluña da cup