de actualidade
foto Usain Bolt
 
Votacion: 
5 (2 votos)
Economía | España 6

La Caixa completa a súa saída de Cataluña co traslado de Criteria e da súa fundación

A entidade asegura que a decisión "ten un carácter temporal" e non implica o traslado de persoas nin de centros ou servizos corporativos

Sede de CaixaBank en Barcelona. EFE

Sede de CaixaBank en Barcelona. EFE

A Fundación Bancaria La Caixa acordou trasladar de Barcelona a Palma de Mallorca a sede social tanto deste organismo como de CriteriaCaixa, a sociedade da que é accionista único e que xestiona o patrimonio da entidade, "mentres se manteña a actual situación en Cataluña". Nun comunicado, a Fundación que preside Isidre Fainé informou de que o novo domicilio social destas dúas entidades estará situado na Plaça Weyler, 3, de Palma, co fin de preservar os seus intereses empresariais e sociais, así como a súa operativa normal.

Esta decisión, asegura a Fundación La Caixa, "ten un carácter temporal" e non implica o traslado de persoas nin de centros ou servizos corporativos, que seguirán operando como ata agora con normalidade. 

O venres, CaixaBank, banco participado por CriteriaCaixa, tamén anunciou que trasladaba a súa sede social de Barcelona a Valencia ante a posibilidade de que o Parlamento catalán faga unha declaración unilateral de independencia, e hoxe o seu consello de administración ratificou a decisión. A Fundación Bancaria La Caixa xestiona de forma directa a Obra Social, que se financia cos dividendos obtidos de CriteriaCaixa, e conta este ano cun orzamento de 510 millóns de euros, principalmente para actividades sociais, educativas, culturais, de investigación e emprendemento.

É a primeira fundación privada de España e a terceira fundación máis importante do mundo por volume de activos, por detrás da creada por Bill e Melinda Gates e de Wellcome Trust. Cada ano promove máis de 50.000 iniciativas, das que se benefician preto de 10,5 millóns de persoas.

CriteriaCaixa, pola súa banda, é a sociedade 'holding' de investimentos non cotizada que xestiona o patrimonio da Fundación Bancaria e conta cunha carteira composta por participacións accionariais en sectores estratéxicos talles como o bancario, enerxético, as infraestruturas, os servizos e o negocio inmobiliario.

Na carteira bancaria de Criteria figuran entidades como CaixaBank, o grupo financeiro Inbursa ou o BEA (The Bank of East Asia), mentres no ámbito non financeiro posúe participacións en empresas como Abertis, Gas Natural Fenosa, Suez, Saba ou o grupo de telecomunicacións Cellnex.

A incerteza xurídica que está a provocar a deriva independentista levou a un bo número de empresas, moitas delas cotizadas, a mover as súas sedes sociais fóra de Cataluña, co obxectivo de garantir que seguirán operando baixo o paraugas das autoridades europeas en caso dunha hipotética declaración de secesión.

Este é o caso da multinacional enerxética Gas Natural Fenosa, que decidiu levar "temporalmente" a súa sede social a Madrid; o Banco Sabadell, que a moverá a Alacante, ou CaixaBank, que elixiu Valencia. Así o fixeron tamén Naturhouse, Banco Mediolanum, Arquia Banca, Oryzon, Dogi ou Derby Hotels, mentres que outras compañías catalás como Freixenet, Catalá Occidente ou Renda Corporación abren a porta a adoptar unha decisión deste tipo en función dos acontecementos políticos.

Comentarios

fotoOs comentarios enviados fóra do horario de moderación, serán aprobados ao día seguinte

Serán borrados os comentarios que conteñan insultos e/ou contados inadecuados Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.

imagen de usuario
Me ha tocado el gordo!!! domingo 8 de outubro de 2017, 14:53
6

En el caso de Alicante y Valencia,yo rebajaría a la mitad los tributos que tenían tanto el Sabadell como La caixa en Cataluña. Total,si antes no se llevaban nada...por lo menos ahora la mitad. Sería un buen argumento para ambas empresas de cara a no volver a Cataluña. Yo,como máximo representante de cualquier ciudad de ESPAÑA,no dejaría pasar esta oportunidad.

imagen de usuario
Nikolak domingo 8 de outubro de 2017, 13:36
5

#4 Estas empresas mantienen el personal pero no pagan los impuestos en Cataluña, lo van hacer en donde tengan su sede central. Si las grandes empresas se van, Cataluña va a tener un desfase economico muy grande que le producirá una crisis de la que no será capaz de resistir. Esto todo en el supuesto de que se independicen y al mismo tiempo le bajarán las exportaciones de la UE y de ESPAÑA principalmente siendo uno de los que mas compran productos catalanes.

imagen de usuario
De ferteg sábado 7 de outubro de 2017, 23:31
4

Pero esta maniobras de estas empresas no significan nada. Mientras no se lleven todo el personal o al menos a la mayoría a las nuevas sedes sociales, esto que anuncian no sirve de nada. Piensan que todos somos tontos. El lunes retirare mi dinero y ya no van intentar tomarme por bobo más veces.

imagen de usuario
Fernando O sábado 7 de outubro de 2017, 13:47
3

http://www.vozpopuli.com/politica/ilustradora-Podemos-campana-Parlem-Hablemos_0_1069694418.html

imagen de usuario
Net sábado 7 de outubro de 2017, 13:42
2

#1 pero a todos ellos les ganas tu. El namber guan del activismo politico

imagen de usuario
Net sábado 7 de outubro de 2017, 13:38
1

La miseria intelectual de los independentistas solo esta Sorpassada por los probolivarianos de la desgracia rompeEspaña. Saben que su direccion actual es cuesta abajo y sin frenos, por eso pretenden negociar antes de la admitir la rendición final.