de actualidade
foto Usain Bolt
 
Votacion: 
No hay votos
Sucesos 0

Arde unha palleira en Pantón

Os bombeiros de Monforte controlaron o lume e arrefriaron a zona ►Ningunha persoa resultou ferida

Un incendio declarado este sábado pola mañá nunha palleira en Pantón provocou danos materiais na construción. Os feitos tiveron lugar na parroquia de Frontón, á beira da igrexa. Segundo informou o centro de atención ás urxencias, foi un particular quen alertou do suceso ás 10.30 horas e ningunha persoa resultou ferida o incidente.

Ata o lugar mobilizáronse os bombeiros de Monforte e a Garda Civil, que controlou o lume e procedeu a arrefriar a zona.

Comentarios

fotoOs comentarios enviados fóra do horario de moderación, serán aprobados ao día seguinte

Serán borrados os comentarios que conteñan insultos e/ou contados inadecuados Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.