de actualidade
Penelope Fillon Penelope Fillon
 
Votacion: 
4 (1 voto)
Galicia 11

Unha pelexa entre militantes mancha a despedida de Beiras

Houbo empuxóns e patadas protagonizadas por persoas vinculadas á FPG tras unha intervención do histórico dirixente ► Antón Sánchez, respaldado para ser o novo portavoz de Anova

Empuxóns, patadas e berros. Así se manchou a despedida de Xosé Manuel Beiras como portavoz de Anova e a consolidación de Antón Sánchez como home forte da formación. A media tarde, e tras unha intervención do histórico dirixente, dous homes vinculados á FPG encerelláronse nunha discusión durante a asemblea nacional de Anova que se celebraba na Facultade de Ciencias Sociais de Pontevedra. Outros mozos de Xeira, organización xuvenil da FPG, sumáronse ao tumulto. Voaron patadas mentres outros asistentes intentaban acougar os ánimos e separar aos implicados. Un dos que trataba de pór paz era o alcalde de Santiago, Martiño Noriega.

A liorta manchou a asemblea que apoiou cun 82,3% a única lista presentada este sábado para renovar a dirección de Anova. Aínda que non conseguiu aglutinar ás diferentes sensibilidades do partido, si logrou un respaldo importante ao redor de Antón Sánchez, que será elixido o novo portavoz o próximo día 1 de abril.

A asemblea acabou coa militancia coreando "Antón, Antón!", unha vez que se subiu ao escenario para despedir a Beiras do seu papel como portavoz do partido, nunha xornada na que o histórico dirixente nacionalista exhortou a que Anova sexa o "verdadeiro motor nuclear" de En Marea.

Emitíronse un total de 164 votos, nunha votación na que se podía votar ou ben a lista enteira ou ben nomes soltos, polo que Beiras foi o máis votado con 160 votos, seguido do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, con 158, e de Antón Sánchez con 156.

A pesar dos esforzos realizados pola candidatura oficial, que encabeza Sánchez, e impulsados polo histórico político e líder de Anova, Xosé Manuel Beiras, non foi posible aglutinar en dita lista as sensibilidades atopadas na formación, que diverxen, sobre todo, no feito de como encarar as alianzas con outras forzas no camiño da unidade popular.

O día 1 de abril conformarase a Permanente de Anova, cita na que Sánchez alzarase coa portavocía da pata nacionalista da En Marea, tomando con iso a remuda de Beiras e Martiño Noriega.

EMPUXÓNS. A votación case quedou eclipsada pola rifa que se desatou a media tarde. Unha intervención do portavoz nacional saínte de Anova, Xosé Manuel Beiras, terminou en empuxóns que protagonizaron persoas vinculadas á FPG.


O detonante foi a intervención dun militante que, desde o público, cuestionaba as palabras que Beiras que, nese momento, defendía a unidade popular pola que aposta Anova e reivindicaba a súa traxectoria nacionalista "incuestionable", incluso como membro de En Marea. Isto motivou que o secretario de organización saínte, Rafael Dopico, pedise ao militante que falaba desde o público respectar a intervención de Beiras, nese momento no uso da palabra.

Tras a intervención de Beiras houbo unha forte ovación e incluso se abrazou con Méndez Ferrín, histórico da FPG. Con todo, ao mesmo tempo que se puña a xente en pé para aplaudir ao histórico dirixente de Anova, dúas persoas vinculadas á FPG iniciaron unha rifa que acabou con empuxóns e patadas.

Para tratar de acougar os ánimos, figuras como o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, separaron aos militantes enfrontados, mentres desde a mesa da asemblea se facían chamamentos á calma. Tras o incidente, membros da asemblea de Ourense pedían xa expediente disciplinario para estas persoas.

Comentarios

fotoOs comentarios enviados fóra do horario de moderación, serán aprobados ao día seguinte

Serán borrados os comentarios que conteñan insultos e/ou contados inadecuados Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.

imagen de usuario
feministas de boquilla domingo 19 de marzo de 2017, 23:20
13

#10 en serio? Seguimos co de "yo llevo a mi hembra a parir a donde yo diga"? Pariu Amarte así Freijolito un fillo? Porque se é así, voume enganchar ó culebrón. O teu amiguiño Villares meteu a pata con iso. E como sigades co de "yo llevo a mi hembra a parir a la pública", ese voto feminino e non fixo nin por partidos nin por convocatorias vos pode abandoar. E, meu filliño, por como estades facendo as cousas, moita faltiña vos fai.

imagen de usuario
Trampulleiros unidos domingo 19 de marzo de 2017, 22:35
12

Para que despois vos fiedes da marea....

imagen de usuario
ABEL SAAVEDRA domingo 19 de marzo de 2017, 22:31
11

10. Que tendrá que ver la noticia con esa entrada que haces. Se nota que querias soltarla y lo haces en cualquier lado. Prueba en los deportes. Por cierto y con respecto a Beiras que el que siembra vientos recoje tempestades y esa Asamblea tan tempestuosa y donde se respetaron unos a otros y reinó la democracia interna, me anima a empezar a pensar en votarlos.

imagen de usuario
Soloseqhabianieve domingo 19 de marzo de 2017, 22:21
10

Se tedes razón. O único problema é que ese señor é o que comezou a privatización da sanidade en Galicia alegando que sería máis rentable. 10 anos despois resulta que é máis cara e menos eficiente. Despois sale na TV contando trolas como que se tivera un fillo nacería nun hospital público pq son os mellores... Iso cando non pensaba telo.

imagen de usuario
escola de matón domingo 19 de marzo de 2017, 19:36
9

Así se fai Beiras. Pódeste ir retirar tranquilo, que os deixaches ben aprendidos.

imagen de usuario
Nikolak domingo 19 de marzo de 2017, 11:39
8

#6 Vivimos en un pais democratico y de libertad de mercado, cada uno y según sus posibilidades compra en la tienda que le apetece asiste al restaurante que le guste y elige su clinica en donde tiene unos previlegios que se los puede pagar, todo lo demas me imegino que lo dices por envidia, pues has sacado los pies del tiesto ya que la noticia no tiene relación alguna con tu opinion