de actualidade
Marine Le Pen Marine Le Pen
 
Votacion: 
4 (2 votos)
Sucesos

Detido un home en Pontevedra por ameazar ao seu pai cun coitelo

Efectivos da Policía Local e Nacional acudiron ao domicilio, na rúa Rosalía de Castro

Un novo episodio de violencia familiar tivo lugar na noite do sábado en Pontevedra. Ao redor das nove da noite veciños da rúa Rosalía de Castro víronse sorprendidos pola presenza de efectivos policiais que acudiron a unha chamada de urxencia realizada desde unha vivenda desta rúa.

Ao parecer un home duns trinta anos de idade ameazou ao seu pai cun coitelo na vivenda familiar. No lugar do suceso persoáronse de inmediato axentes da Policía Local e Nacional que procederon á detención do presunto agresor. A vítima, que non presentaba feridas de arma branca, si mostraba signos de ser golpeado.