de actualidade
Penelope Fillon Penelope Fillon
 
Votacion: 
No hay votos
Sociedade | Economía 0

O multimillonario financeiro David Rockefeller morre aos 101 anos

Ao coñecido banqueiro atribúeselle unha fortuna de 3.300 millóns de dólares

Fotografía de arquivo do multimillonario estadounidense David Rockefeller en xuño de 2015. PETER FOLEY (EFE)

Fotografía de arquivo do multimillonario estadounidense David Rockefeller en xuño de 2015. PETER FOLEY (EFE)

O multimillonario financeiro David Rockefeller, influente filántropo e neto do fundador da dinastía Rockefeller, faleceu este luns aos 101 anos, segundo confirmaron fontes da familia. O portavoz do clan Rockefeller, Fraser Seitel, confirmou a varios medios a morte do ancián, mentres durmía, no seu domicilio de Pocantico Hills, no estado de Nova York.

Nacido en Nova York o 12 de xuño de 1915, David Rockefeller, era o último sobrevivente da súa xeración dentro do clan Rockefeller, un dos grandes nomes do capitalismo. O coñecido banqueiro presidiu durante anos o Chase Manhattan Bank e foi fundador da Comisión Trilateral, creada en 1973 e considerada unha das organizacións privadas máis influentes do mundo. 

O seu avó, John Rockefeller, está aínda considerado como o estadounidense máis rico de todos os tempos e como a persoa máis adiñeirada da historia moderna. A David Rockefeller, o máis novo dos seis fillos de John Rockefeller Jr., a revista Forbes atribuíalle poucas horas antes de coñecerse a súa morte unha fortuna de 3.300 millóns de dólares.

O seu avó, John Rockefeller, está aínda considerado como o estadounidense máis rico de todos os tempos



Con estudos en Harvard e Londres e doutoramento en Ciencias Económicas pola Universidade de Chicago, Rockefeller entrou en 1942 como voluntario no exército e foi funcionario de intelixencia en Alxeria e axudante do agregado militar en París onde se licenciou co rango de capitán en 1945. Ao ano seguinte ingresou como xerente adxunto do departamento internacional do Chase Manhattan Bank, unha das entidades financeiras máis grandes de Nova York e en 1955 foi nomeado vicepresidente executivo, antes de pasar a ocupar a presidencia en 1961.

En 1981, cando tiña 65 anos, abandonou o cargo na entidade financeira tras asumir a iniciativa da súa expansión a escala internacional. Como filántropo, David Rockefeller destacouse polo seu apoio ás artes e por financiar entre outros a creación do Rockefeller Center, o Museo de Arte Moderno de Nova York, a Universidade Rockefeller ou a construción do World Trade Center.

Ademais, reuniu unha das coleccións de arte máis importantes do planeta con obras de Picasso, Cezanne e Matisse.

Durante os seus últimos anos, a pesar da súa avanzada idade, mantivo sempre unha vida moi activa, con numerosas viaxes e aparicións públicas.

Comentarios

fotoOs comentarios enviados fóra do horario de moderación, serán aprobados ao día seguinte

Serán borrados os comentarios que conteñan insultos e/ou contados inadecuados Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.