de actualidade
O cantante Justin Bieber. Justin Bieber
 
Votacion: 
5 (6 votos)
Sucesos

Falece un mozo gandeiro en Muimenta tras ser golpeado por un boi

A vítima, de 31 anos, foi arremetida por unha das reses da explotación familiar

Nave de Muimenta. CRISTINA PÉREZ

Nave de Muimenta. CRISTINA PÉREZ

Un home faleceu este xoves ao ser embestido por un boi en Muimenta, no municipio lucense de Cospeito, informaron a Efe fontes municipais. A vítima, de 31 anos, é o catalán Joan Daniel Pagespetit, que foi golpeado polo animal, propiedade da explotación familiar, precisaron.

Fontes do Goberno local de Cospeito informaron de que o mozo chegara hai medio ano a Galicia procedente de Cataluña cos seus familiares, xa que o seu pai é orixinario de Xirona, provincia na que agora recibirá sepultura. Cando estaba a sacar as novillas do cortello para o pasto nunha zona próxima á explotación un boi achegouse por detrás e golpeouno violentamente, impulsándoo contra uns ferros.

A explotación da familia do falecido, segundo as mesmas fontes, atópase moi preto do polígono industrial de Muimenta e conta con decenas de reses da raza loura galega. O servizo de Urxencias da Xunta recibiu a alerta do accidente cara ás 12.30 horas e enviou ao lugar a unha ambulancia asistencial e a un médico de atención primaria, que non conseguiu reanimalo.