de actualidade
Cristiano Ronaldo Cristiano Ronaldo
 
Votacion: 
No hay votos
Deporte General 0

Madrid e Atlético volven cruzar os seus camiños coa Champions no horizonte

O sorteo asegura a un equipo español na final de Cardiff, que se enfrontará ao gañador do Mónaco-Juventus

Madrid volverá ser unha das referencias do fútbol mundial con outro duelo europeo entre os seus dous mellores equipos. UCL

Madrid volverá ser unha das referencias do fútbol mundial con outro duelo europeo entre os seus dous mellores equipos. UCL

O Real Madrid e o Atlético de Madrid volverán verse as caras na Champions League, segundo determinou o sorteo de semifinais que tivo lugar este venres na sede da UEFA, en Nyon.

Merengues e colchoneiros reeditarán así un duelo que se está convertendo en todo un clásico do fútbol europeo, xa que ás dúas finais da competición disputadas en 2014 e 2016 únenselle os cuartos de final da tempada 2014/2015.

O sorteo anula toda opción dunha nova e histórica final española pero asegura a presenza dun equipo nacional no partido máis esperado do ano en Europa.

A ida xogarase no estadio Santiago Bernabéu, o 2/3 de maio; mentres a volta terá lugar no Vicente Calderón, o 9/10 do mesmo mes.

Ademais, o gañador do derbi madrileño actuará como visitante na final que se disputará en Cardiff.

MÓNACO-JUVE. O rival do equipo español sairá doutro apaixonante duelo: o Mónaco-Juventus.

Os franceses pasan por ser a revelación da competición e, a través dun carácter ultraofensivo -son o equipo máis goleador do continente-, porán a proba á súa contrapartida, a Juventus. E é que os de Allegri, cun rexuvenecido Buffon e un estilo perfectamente definido e admirado, é considerado o mellor sistema defensivo do mundo por boa parte da crítica futboleira.

Comentarios

fotoOs comentarios enviados fóra do horario de moderación, serán aprobados ao día seguinte

Serán borrados os comentarios que conteñan insultos e/ou contados inadecuados Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.