de actualidade
foto Kim Jong-un
 
Votacion: 
No hay votos
3

Feijóo confía en poder recuperar gratis o Pazo de Meirás

O presidente da Xunta avoga por "acreditar vicios ocultos" que permitan "deixar sen efecto" a "doazón" do inmoble ►Garante que a familia Franco "cumprirá a lei"

El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, responde en la sesión de control del pleno del Parlamento de Galicia. XOÁN REY (EFE)

El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, responde en la sesión de control del pleno del Parlamento de Galicia. XOÁN REY (EFE)

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, insistiu na sesión de control en que a única vía que contempla para que o Pazo de Meirás, ben de interese cultural (BIC) propiedade da familia de Francisco Franco, é "acreditar vicios ocultos" que permitan "deixar sen efecto" a "doazón" do inmoble e recuperalo gratis.

Para iso, en resposta a unha pregunta formulada pola portavoz do BNG, Ana Pontón, propuxo "investigar" a adquisición do inmoble con técnicos e expertos universitarios. Ademais, erixiuse en garante do "cumprimento" das normas lexislativas en Galicia e asegurou que, mentres el sexa presidente, a familia Franco "cumprirá a lei".

De feito, asegurou que o Goberno acudirá á Fiscalía se ten constancia de que se fai "apoloxía do franquismo" e recordou a sanción de 4.500 euros á familia do ditador por impedir as visitas ao Pazo, así como o segundo expediente aberto polo mesmo motivo. Ao tempo, insistiu en descartar a vía da expropiación co argumento que non usará "o diñeiro dos galegos" para "pagar dúas veces" á familia do ditador, un camiño no que suxeriu que ten "moito interese" a Fundación Franco.

Mentres, Pontón esixiu actuar fronte ao que considera "un espolio" do pobo galego –con outras demandas como o Palacio de Cornide ou dúas tallas do Pórtico da Gloria– e recordoulle que xa hai unha comisión en marcha impulsada pola vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, na que están concellos e asociacións da memoria histórica.

A ela invitouna a unirse, ao que Feijóo respondeu rexeitando "leccións de democracia" de Pontón e preguntando á portavoz do BNG, que participou nos actos da Diada de Cataluña, se ela defende o cumprimento da lei e lamentando que non acepte "a democracia constitucional" de España. "A diferenza é que para nós a Transición foi exemplar e para vostedes, calamitosa", esgrimiu.

Dito isto, incidiu en que a Transición permite debater esta cuestión na Cámara e dá a garantía de que, tanto os que "aceptan a democracia como os que non", teñen un Goberno "constitucional" que velará por que se cumpra "a lei". Pontón, á súa vez, tamén rexeitou "leccións de democracia" do presidente dun partido "investigado por corrupción" e proclamou que "Franco morreu, pero o franquismo vive".

Finalmente, na súa pregunta, o socialista Xoaquín Fernández Leiceaga avanzou que o seu grupo exporá no Parlamento a posibilidade de que haxa "acordo" entre todos ao propor "unha comisión técnica e plural" para negociar a devolución do Pazo.

Comentarios

fotoOs comentarios enviados fóra do horario de moderación, serán aprobados ao día seguinte

Serán borrados os comentarios que conteñan insultos e/ou contados inadecuados Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.

imagen de usuario
Square mércores 13 de setembro de 2017, 13:59
3

El Pazo de Meirás nunca fue del Pueblo Gallego.

imagen de usuario
Marilyn manson mércores 13 de setembro de 2017, 13:47
2

Uno del PP quitando propiedades a los Franco? Si consigue eso tiene mi voto y no he votado al PP en mi vida.

imagen de usuario
Gundemaro mércores 13 de setembro de 2017, 13:34
1

Haciendo referencia a la patrona de los imposible : " Santa Rita lo que se da no se quita " .