de actualidade
Marcelo Marcelo
 
Votacion: 
5 (1 voto)
Sucesos

Atopan a menor desaparecida, que levaba oito días en casa dunha amiga en Monte Porreiro

A clave para dar con ela foi a colaboración veciñal, pois foi unha muller que leu a noticia en Diario a que deu a voz de alarma

Pilar Dasilva Torres. DP

Pilar Dasilva Torres. DP

Axentes da Policía Nacional de Pontevedra atoparon a última hora deste mércores a Pilar Dasilva Torres, a menor que permanecía en paradoiro descoñecido desde o martes da semana pasada. A nena permanecía oculta en casa dunha amiga en Monte Porreiro, onde foi achada polos funcionarios, que a puxeron en mans do seu proxenitor na Comisaría.

A clave para dar con ela foi a colaboración veciñal, pois foi unha muller que leu a noticia en Diario de Pontevedra a que deu a voz de alarma, o que resultou clave para a resolución do caso.