de actualidade
Marcelo Marcelo
► O TEMPO 
Votacion: 
5 (1 voto)
Galicia 0

O outono faise esperar: seguen as altas temperaturas

O tempo estival co que empezou outubro continuará durante toda a fin de semana. Os termómetros roldarán os 30 graos en Ourense, Pontevedra ou Compostela

Calor en Galicia. BRAIS LORENZO (EFE)

Calor en Galicia. BRAIS LORENZO (EFE)

O tempo estival co que arrincou outubro continuará durante a fin de semana en toda Galicia. Os ceos despexados e as altas temperaturas serán a tónica dominante, chegando a superarse os 30 graos en Ourense e algúns puntos de Pontevedra. De feito, só no norte de Lugo contémplase a posibilidade dalgunha choiva feble nas primeiras e últimas horas deste venres, unha xornada que polo xeral estará marcada pola calor, principalmente no sur da comunidade. E é que as máximas serán moderadas nas capitais do norte (na Coruña non se esperan máis de 22 graos, mentres que na cidade da muralla chegarase aos 24 e en Compostela aos 27), pero en Pontevedra e Ourense sen dúbida haberá quen volva sacar os bañadores do armario, porque se alcanzarán os 30 graos na Boa Vila e os 32 na cidade das Burgas.

Un panorama que se repetirá o sábado (as escasas nubes do venres desaparecen do mapa) e tamén o domingo. Será, en calquera caso, unha fin de semana de amplas oscilacións térmicas, xa que a sensación de calor das horas centrais do día contrastará co frío da mañá.

A medio prazo, Meteogalicia prevé que o tempo máis propio do estío que do outono continúe a semana que vén.

Comentarios

fotoOs comentarios enviados fóra do horario de moderación, serán aprobados ao día seguinte

Serán borrados os comentarios que conteñan insultos e/ou contados inadecuados Para calquera dúbida, consulta a guía de comentarios.