Vídeo

O paripé dunha parella para ocultar que matara o seu bebé

Rosalin Baker e Jeffrey Wiltshire intentaron ocultar que mataran o seu bebé orquestrando un repugnante paripé. Ela subiuse a un bus en Londres co cadáver do pequeno e finxiu que seu fillo estaba a morrer diante de todos os pasaxeiros, que incluso intentaron reanimar o bebé. Foi xa nun centro médico onde determinaron que a nena levaba unhas 24 horas morta e que a causa do seu deceso fora unha fractura no cranio. Ademais, detectáronse no seu corpo unhas 40 lesións anteriores, que non "eran accidentais", segundo o parte médico. Estas semanas celébrase o xuízo polo asasinato do bebé.