de actualidade
foto Usain Bolt
Vídeo

'Os sons esquecidos' de Abraham Cupeiro

Os instrumentos do pasado volveron á vida na praza de Santa María con 'Os sons esquecidos' de Abraham Cupeiro. A reconstrución do karnyx, antigo instrumento romano, elevouse sobre o chan para acompañar melodías máis modernas. O galego reconstrúe instrumentos xa extintos ou case esquecidos para darlles unha segunda oportunidade con novas partituras e posibilidades. Este proxecto é froito dunha combinación multidisciplinar que une arqueoloxía, investigación e interpretación.