de actualidad
foto Usain Bolt
GALEG@S 
Votacion: 
No hay votos

Eugenio M. Alonso: ''Dáme igual escribir nun idioma ou noutro; desta vez suxeríronme facelo en galego''

P ¿Un sinónimo de Galicia?
R
Beleza.

P ¿Un defecto e unha virtude?
R
Son algo desordenado, pero pódese contar comigo.

P ¿Un libro?
R
A Biblia.

P ¿Unha canción?
R
Al alba, de Luis Eduardo Aute.

P ¿Un lugar?
R
A cidade de Coro, en Venezuela.

P ¿Un personaxe galego?
R
Eduardo Pondal.

P ¿Que tipo de asociación é ‘Teranga’?
R
Teranga é precisamenete unha palabra do idioma wolof que significa benvida ou acollida. Esta asociación diríxese aos inmigrantes para axudalos en todo o que necesitan. Préstalles apoio á hora de conseguir emprego, unha casa ou asesóranos en temas legais. Eu colaboro con eles dando clases de castelán.

P Pero a súa obra, ‘Balada do wolof’, está en galego.
R
A min dáme o mesmo escribir nun idioma que noutro. Neste caso aconselláronme facelo en galego.

 

Eugenio M. Alonso

Nado en Vigo en 1962, entre as súas obras figura Calcio, relato que mereceu o terceiro premio no primeiro certame de Minicontos de Outono de LV

Vén de publicar Balada do wolof, unha epopea que narra a experiencia dun emigrante senegalés que despois de superar varias tribulacións bota raíces en Vigo. A obra pódese adquirir a través do contacto senadoralonso@hotmail.com

Las naciones sabrán que son unos farsantes é a súa anterior obra, da editorial Bubok