de actualidad
Claudia Cardinale Claudia Cardinale
► JAVIER NOGUEIRA 
Votacion: 
No hay votos
0

O febreiro de Kerenski

A literatura histórica está para destruír a mitoloxía arredor dos acontecementos que moldean o paso dos humanos por este planeta

Vladimir Lenin juega al ajedrez.

Vladimir Lenin juega al ajedrez.

Acceda a todos os contidos da última edición do suplemento 'Táboa Redonda'

ERA UNHA vez un rapaz novo nado en Simbirsk —agora Ulianovsk—, na beira do Volga. Fillo dun funcionario escolar da cidade, tivo as mellores notas e os seus mestres pensaron que estaba destinado a grandes cousas na Rusia dos zares. Pero a pesar da súa capacidade intelectual, os seus gustos inclinábanse pola arte e a literatura. Só despois da fame de 1891 descubriu as súas tendencias revolucionarias e decidiu dedicarse a elas. Dous personaxes responden exactamente a esta descrición. Un é Vladimir Ilich Ulianov —si, rematou por darlle nome á súa cidade natal—, máis coñecido como Lenin; o outro, Aleksandr Kerenski. Un protagonizou a Revolución Rusa: non foi Lenin.

A literatura histórica está para destruír a mitoloxía arredor dos acontecementos que moldean o paso dos humanos por este planeta. Dentro dunhas semanas cumprirase un século da Revolución de Febreiro, un deses puntos de xiro da humanidade que, co paso do tempo, rematou por mesturarse no imaxinario popular coa Revolución de Outubro, si protagonizada por Lenin e os bolxeviques.

A literatura sobre o tema é pouco menos que infinda, incluída a recente tradución ao español da obra mestra de Richard Pipes sobre o tema. Pero nalgunha ocasión téñolles falado aquí de Orlando Figes, profesor de Oxford especializado en cultura e historia rusas, cuxo El baile de Natacha (Edhasa) só atopa igual nun clásico como El icono y el hacha (Siglo XXI) de Billington. E o profesor Figes deulle hai anos ao prelo unha historia destes acontecementos digna de figurar en calquera biblioteca: Una tragedia del pueblo. La Revolución Rusa (1891-1924) (Edhasa).

Sorprende a extensión temporal escollida ata que un comeza a ler e ten conciencia de que sucesos tan complexos non se poden explicar de xeito simplista. Para chegar ao punto no que, en palabras do autor, "[algúns] vían a revolución como un medio de rematar coa guerra e [outros] vían a guerra como un medio de rematar coa revolución" hai que percorrer un camiño longo. Nel atopamos unha sociedade atrasada… pero cun campesiñado non tan pasivo como a Trotski e á súa escola lles gustou afirmar; un zar convertido en monicreque polos acontecementos —lean a obra sobre os Romanov de Simon Sebag, recén publicada en España—; un pobo que tomou conciencia de que o pai zar xa só o dirixía co medo; dous estadistas como Witte e Stolypin…

E sobre todos os demais, os dous rapaces literatos de Simbirsk. As capacidades como prognosticador de Lenin quedan de manifesto na súa sorpresa ante a caída do zar, que o colleu no seu exilio suízo. Levaba case que dezasete anos sen vivir en Rusia e non coñecía o seu pobo. Chegou a Rusia nun famoso tren selado, paquete bomba humano enviado polos alemáns —boto de menos en Figes unha referencia a ese persoeiro que era Alexander Parvus— para rematar co inimigo oriental.

Aleksandr Kerenski nacera no Volga, vivira en Taskent e graduárase en San Petersburgo. Era un socialista revolucionario e foi o único individuo quen de ter naqueles días un pé en cada á do Pazo de Tauride. Pero un ano despois tería que saír de Rusia disfrazado de mariño e non volvería pisar aquel país endexamais. Figes mírao con mellores ollos cós bolxeviques e a súa descrición do sucedido en febreiro amosa as dúas tendencias que dominan a historiografía sobre esta efeméride a día de hoxe: a contrarrevolución ensaística tras as décadas de dominio do Trotski historiador e a dura realidade —alomenos para os esquerdistas— de que as revolucións non son produto da masa senón das fendas entre faccións do sistema dominante.

Comentarios

fotoLos comentarios enviados fuera del horario de moderación, serán aprobados al día siguiente.

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados. Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.