de actualidad
Isabel Pantoja. efe Isabel Pantoja
► CARLOS CASARES 
Votacion: 
No hay votos
Sociedad | Cultura 0

"Casares lera a Fole e non o recoñeceu"

Armando Requeixo sinalou en Lugo nunha charla sobre o escritor ourensán que a súa relación coa cidade foi, sobre todo, literaria

Charla de Armando Requeixo (dereita) sobre Carlos Casares. VICTORIA RODRÍGUEZ

Charla de Armando Requeixo (dereita) sobre Carlos Casares. VICTORIA RODRÍGUEZ

O profesor e crítico literario Armando Requeixo falou este martes en Lugo sobre o autor homenaxeado nas Letras Galegas, Carlos Casares. Indicou que "a súa relación con Lugo foi, sobre todo, literaria; a través da súa amizade con Ánxel Fole ou Álvaro Cunqueiro".

Carlos Casares acudiu a un encontro con Domingo García Sabell e Ramón Piñeiro no que había "un señor un tanto estrafalario; con arrincadas xeniais, pero pintoresco". Cando se interesou polo estrano, informárono de que era Ánxel Fole, ao que Casares admiraba como escritor.

A partir de aí, a súa relación excelente porque "Fole era moi boa xente e facíase querer e porque Casares vía nel unha sorte de xemelgo porque Fole era un gran contador oral, que fora criado na oralidade, como lle acontecía a el", apuntou Armando Requeixo, que engadiu que o homenaxeado nas Letras Galegas deste ano vía no autor lucense como "un membro da xeración anterior nesa tradición que el renovou partindo dese sustrato máis radical no sentido de raíz".

O seu labor de editor deu "máis de mil obras en galego, con coleccións novas ou autores que empezaban"


Casares tamén coidou a amizade con Álvaro Cunqueiro, "con quen tiña un feeling especial", sinalou o conferenciante. Fixo ver tamén que "a relación co mindoniense foi máis doada porque se vían en Vigo e porque coincide con el na parte de fabulador"; de feito Os escuros soños de Clío ten influencia do autor mindoniense, segundo Armando Requeixo.

TODOTERREO. O profesor incidiu en presentar a Carlos Casares como unha figura dunha dimensión cultural que excedía ese plano de "contador de historias" que foi a que se impuxo na visión do gran público. Moito máis alá de ser un narrador oral dotado, "era un todoterreo" que "foi sensible ás lagoas do campo literario" do seu tempo. Como exemplo, Requeixo citou que "ao detectar que os rapaces non tiñan literatura infantoxuvenil en galego, escribiu A galiña azul en 1968. Cando soubo que os colexios non tiñan teatro infantil en galego para representar, escribiu A laranxas máis laranxas de todas as laranxas". O mesmo fixo con biografías de clásicos como Risco, Otero Pedrayo ou Lamas Carvajal. A falta de obras da literatura universal solventoun con traducións de Saint Exupery ou Hemingway.

Esas versións de obras escritas noutras linguas son parte do seu labor de editor, que deu "máis de mil obras en galego, con autores que empezaban ou coleccións novas, como a Biblioteca Básica Galega, onde hai libros de historia ou filoloxía que son o esquelete do país".

Requeixo suma aos méritos do homenaxeado "o pulo que deu, xunto con outros, á autonomía a través de normas como a Lei de Normalización Lingüística ou a CRTVG".

"Ao estar tan exposto"nos variados cargos que ocupou, como a presidencia do Consello da Cultura ou a direcció de Galaxia provocou que "outro non se sentisen tan atendidos"

Comentarios

fotoLos comentarios enviados fuera del horario de moderación, serán aprobados al día siguiente.

Serán borrados los comentarios que contengan insultos y/o contenidos inadecuados. Para cualquier duda, consulta la guía de comentarios.